miércoles, 15 de octubre de 2025

OUTONO NO PARQUE FORESTAL DE BEADE

Ola a todos e a todas,

Hoxe todo alumnado de infantil foi visitar o Parque forestal de Beade. Todos xuntos foron paseando polos distintos camiños do parque, observando as árbores, as diferentes cores das follas, os ourizos, as castañas, os cogumelos de distintos tamaños e cores que atopaban polo camiño…

Despois almorzaron todos xuntos e unha vez remataron, ó parque a xogar. Pasaron unha xornada otoñal moi divertida!

As mestras de infantil.