lunes, 23 de junio de 2025

VISITA A APÍPOLIS

O venres, para rematar o curso 2024-2025, o alumnado de infantil visitou Apípolis. Apípolis é un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humáns e as abellas.

Alí, os nenos e nenas, ca axuda dos monitores e monitoras de Apípolis, acercáronse a vida das abellas. Acudiron en grupos a distintos talleres. Fixeron unha vela ca cera das abellas, galletas con mel, extraeron a mel, viron como é a  morfolloxía das abellas e aprenderon que a abella reina ten un puntiño branco na cabeza... e unha morea de cousas mais! 

Foi unha experiencia moi bonita, na que puxeron os traxes de apicultores e apicultoras e vivenciaron o que é traballar cas abellas.










As mestras de infantil.