viernes, 16 de octubre de 2026

CHEGOU O OUTONO

Ola mamis e papis!

Os nenos e nenas de Educación Infantil dámoslle a benvida ao outono con este mural.

Bo fin de semana.

💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕













¡PRIMEIRA EXCURSIÓN DO ANO!

Os nenos e nenas de Educación Infantil vivimos a nosa primeira excursión deste curso no parque de Castrelos! 🌳🍁

Foi unha mañá chea de descubrimentos, na que puidemos observar de preto a chegada do outono. Vimos os patos, descubrimos follas marróns, atopamos  e la eras e observamos os cambios que se producen na natureza con esta nova estación.

E, por suposto, tamén houbo tempo para xogar, correr e compartir momentos cos compañeiros e compañeiras. 💚

Unha experiencia chea de aprendizaxes, curiosidade e diversión, porque non hai mellor maneira de coñecer o outono que vivilo en primeira persoa! 🍂✨


As mestras de infantil






lunes, 22 de junio de 2026

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

 Ola familias!

Para despedir este curso, os nenos e nenas de infantil fomos o Parque da Auga de Mos. Alí xogamos nos columpios, nos tobogáns, escalamos, fixemos castillos coa area, pero o mellor foi mollarnos e xogar cos chorros da auga, bañarnos na piscina e salpicarnos...

Despois fixemos unha para para comer todos xuntos e coller enerxía para seguir xogando.

Fou unha experiencia xenial e pasámolo en grande!

Ata o o curso que ven, pasade moi boas vacacións!

As mestras de infantil.




viernes, 15 de mayo de 2026

NOVOS INTEGRANTES NA AULA DE 3 ANOS

Ola familias!

Hoxe, a mamá de Javi trouxo para a clase de 3 anos unha incubadora con montón de ovos! Tamén nos deixou unha luz coa que podemos ver o interior dos ovos e como vai o seu crecemento. Ela explicounos o seu  funcionamento e teremos que coidalos durante 21 días ata que nazcan.
Todos estes días estaremos atentos e atentas dos seus progresos!

As mestras de infantil



miércoles, 6 de mayo de 2026

EXCURSIÓN Ó MERCADO DO CALVARIO

 Ola familias! 


Hoxe fomos de excursión ó mercado do noso barrio, o Mercado do Calvario. Alí visitamos diferentes postos nos que ofrecían diferentes alimentos. Explicáronnos os tipos de peixes que había e ata vimos un tiburón!

Foi unha experiencia xenial!

As mestras de infantil.




viernes, 24 de abril de 2026

CONTACONTOS CA NAI DE PABLO

Hoxe, para rematar a semana do libro, a nai de Pablo, da clase de 4 anos contounos varios contos moi ben acompañada do seu bebé Emilio. Foi unha grande experiencia. 

Grazas, Laura 😀



As mestras de infantil

SEMANA DO LIBRO: 6º EP REPRESENTA OS MISTERIOS DOS MAIOS

O venres os compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria fixéronos unha representación xenial. As crianzas de infantil disfrutaron moito ca obra "Os misterios dos Maios".

Grazas 😀



As mestras de infantil