miércoles, 8 de abril de 2026

EXCURSIÓN A MARCELLE

Coas pilas cargadas na volta das vacacións de Semana Santa os nenos e as nenas do cole marchamos a Marcelle, un centro de rescate e parque zoolóxico que prioriza o benestar animal. 

Alí descubrimos unha chea de animais, faláronnos das súas características e das súas historias. Tamén vimos unha obra de teatro e despois comimos alí todos xuntos.

Foi un día moi especial, no que convivimos e aprendimos montón de cousas!

As mestras de infantil.